Actualizado en data 26/05/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Raíña Loba e a orixe de Lobeira

Parada do Monte está en Lobeira (Ourense), e dise que lle debe o nome a que pasou por alí un día camiño da Limia a mesmísima Raíña Loba.
A raíña sentiuse indisposta e a comitiva tivo que deterse no medio daquel monte, que desde entón se chama Parada do Monte, e armaron cabanas onde agora se chama Cobiñas.
A Raíña Loba deu a luz en Parada e cando marchou, por deixar memoria daquel acontecemento, fundou non lonxe de alí o lugar que agora coñecemos como Lobeira.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: