Castro de Santa Ádega de Reádegos
O castro de Santa Ádega está en San Vicente de Reádegos, en Vilamarín (Ourense). Os mouros que viven alí téñeno minado por dentro, así que está oco ou choco, e nas minas gardan os mouros moito ouro.
Unha vez pasou un vello cunha xugada de bois polas proximidades do castro e os mouros ofrecéronlle e acabaron mercándolle os bois. Cando llelos ía entregar aos mouros e xa entraba debaixo da terra con eles, un mouro vello, facendo que cheiraba todo arredor, dixo:
―Huele a carne de cristianillo!
O vello pasou un bo susto pero facer, non lle fixeron nada.
Tamén se di que entre o castro de Santa Ádega e o castro da Madanela hai unha trabe de ouro que só se ha descubrir por unha roda dun carro ou a pata dunha cabra. Mais é perigoso intentar destapala pois hai unha trabe de lume e outra de alcatrán que poden rebentar
BIBLIOGRAFÍA