Xente con rabo en Porcarizas
Porcarizas está en Lobeira (Ourense), e dise que alí vivía antigamente unha casta de xente con rabo que os veciños odiaban por seren ruíns e faceren moito mal.
Un día xuntáronse todos os veciños e foron contra deles, puxéronlle lume ás casas e acabaron con todos agás dous que conseguiron fuxir.
Destes dous viven netos e bisnetos, e pódese saber quen son porque se se lles amosa un dedo, movéndoo cara arriba e cara abaixo, enrabéchanse porque lles lembra o rabo que tiñan os seus devanceiros.
Tamén se di que os veciños de Porcarizas eran leprosos, apestados e ata entarangañados.
Véxase o documento “Levar os vellos a Porcarizas”.
BIBLIOGRAFÍA