Xeografía mítica
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Pena Morcegueira de Meirás
A Pena Morcegueira de Meirás, concello de Valdoviño (A Coruña) é un enorme penedo oco apoiado nun só punto noutra pena.
Cando a Virxe andaba polo mundo fixo un descanso neste lugar e vendo que a pena estaba a punto de arrolar amparouna co seu dedo. Ese dedo, agora invisible, ocupa o lugar onde os ollos pecadores non vemos máis ca un oco baleiro; mais se un día a Virxe decide retirar o seu dedo, a Pena Morcegueira arrolará e será o sinal de que o mundo terá chegado á súa fin.
BIBLIOGRAFÍA