Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O demo coxo en Abadín

Este demo é o encargado de recoller as almas dos que morren pero, como é trenco, case nunca chega a tempo. Cando se tropeza con el, o mellor, para que non nos faga dano, é dicir as palabras de San Xoán Retorneadas, se é que se saben; senón que haxa sorte. Hefaistos e Baco tamén eran coxos e estaban relacionados co inferno.

O Xosé, tería vinte e tantos anos, ía ver a moza e no camiño por onde traían os mortos dos Samordás, parroquia de Galgao, concello de Abadín, deulle a gana, dispensando, de baixar os pantalóns. Arrimouse así a un lado do camiño e estivo facendo as súas necesidades. E, niso, ve que pasa alguén coxeando polo camiño que vai cara a igrexa parroquial; e era o demo, e coxeaba. O mozo levantouse e quedou quieto.

E foi boa sorte porque se lle chega a falar ó mellor o leva canda el. O Xosé despois soubo que aquel día houbera un defunto nos Samordás e supuxo que o demo coxo non chegara a tempo para recibir a alma do que morreu, e regresaba desgustado.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Este artigo parece que non vai dar moita información pero despois sorpréndeche cun bo final e cunha moi boa explicación, isto gústame moito e probablemente gústeme ler moitos artigos deste tipo, a si que esta e unha das mellores páxinas de lendas que vin na miña vida. Seguide facendo moitas máis lendas, ou descubrindo máis lendas mellor dito. O voso traballo e moi admirable. Grazas por facer un esforzo tan grande para que os nenos, nenas e os máis maiores segan interesados polas incribles lendas que escribides. MOITAS GRAZAS!

Enviado por Thayná S.D.S o 29/11/2022 ás 19:53:21


Enviar comentario a este artigo: