Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Corredoira Vella de Samarugo

Na Corredoira Vella, no Vilar da Igrexa, en Samarugo, Vilalba (Lugo) dicían que había un encanto. Ese encanto ía á auga á Ponte Golmar e tocaba a gaita de noite. Ía sempre polo mesmo camiño, polo Vilar da Igrexa, e nese camiño coñecíase por onde pasaba pois víase a terra moito máis branca. Dicían que por onde branqueaba a terra era por onde ía o encanto á auga á Ponte Golmar.
Agora xa non hai sinal de todas esas cousas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: