Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As tres irmás do castro de Castromaior

A lenda cóntanos que un día un home cando estaba nas mallas en Castela, atopou unha muller que lle dixo que tiña tres fillas en Castromaior, concello de Portomarín (Lugo) e que cando volvera tiña que traerlles tres tortas ás súas fillas, unha para cada filla.
Cando o home regresou a Galicia díxolle á muller o que lle acontecera, e a muller, coa curiosidade, colleu un cacho dunha das tortas e cando a abriu decatouse de que estaban cheas de pelos de burro. O bo do home levou as tortas á casa das tres rapazas e cando chegou abriulle a porta unha delas. O home deulle as tortas e díxolle que a súa muller collera o cacho que faltaba. Resulta que cada torta era un burro e sen el non podían volver as súas casas; o cacho que lle faltaba era a pata dun dos burros.
A rapaza mais nova, que era a que quedara sen burro, deulle un cinturón ó home, e díxolle que cando chegara á casa que llo puxera á súa muller. De camiño para a casa o home púxolle o cinturon a unha árbore, e en canto llo puxo a árbore partiu pola metade.

Recompilador: Juan José Seijas Vázquez, alumno de 4º de ESO no IES Virxe dos Ollos Grandes (Lugo), curso 2006-2007.
Informante: avó do recompilador.
Lugar e data de recollida: Narón, Portomarín (Lugo), marzo de 2007.
Lugar da lenda: Castro de Castromaior, Portomarín (Lugo).


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: