Actualizado en data 21/03/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A traizón da torre de Sandiás

Cando eu era neno, un veciño de O Castro, a aldea que está ó pé da Torre de Sandiás, concello de Sandiás (Ourense) contoume a seguinte lenda:
“Hai moito tempo un exército de homes vidos de lonxe arrodearon a Torre do Castro, pero os que alí vivían defendéronse valentemente do ataque, e non a deron tomado (os seus muros aínda hoxe impresionan). Pero unha noite, un criado abriulles a porta ás agachadas, e eles entraron e pasaron a coitelo a todos os habitantes da torre, non tendo piedade con ninguén, para logo plantarlle lume e botala embaixo”.
Non hai moito tempo lin nun libro de historia no que aparecia reseñado este relato; o exército eran o dos Irmandiños. O meu veciño dubido moito que lera este libro, mais as lendas moitas veces téñenvos unha base real.
"... Os sitiadores, axudados pola traizón dun criado, entraron unha noite pola portela, mataron ós defensores, e puxeronlle lume á torre, onde pereceron os familiares, derruiron a fortaleza, e voltaron a reforza-lo cerco de Allariz¨.
Historia de Allariz, Vila y Corte Románica¨ A. Cid Rumbao. Dep. Prov. Ourense (1984)

[Texto e foto remitidos por Xavier Feixoo, de Sandiás (Ourense)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

¿Que sería da Limia sen as cidades asolagadas, os tuneis que comunicaban as torres, a raiña loba...?

Enviado por victor perez baltar o 07/05/2010 ás 22:26:07


Enviar comentario a este artigo: