Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Antioquía (1)

Foto: O que queda da Lagoa de Antela

"Dos pobos da parróquea é iste (Cardeita) o que s´alcontra máis cerca da Veiga e por eso teñen feito os vellos do pobo unhas escavaciós en busca d´aberes; pois dise que antiguamente había n´a Veiga unha ciudá (Antioquía) que tuvo Dios que castigala porque vindo por´o mundo pidindo unha limosna non alcontrou máis que unha familia que lla dira, que foi a que se salvou do alago mandada sair por Dios sin que volveran a cabeza pr´atrás; pero un da familia desacatou a orden do Noso Señor entonces volveuse pedra. Pero cando a xente iba co gando pr´a Veiga íballes verrecar ond´a pedra, que despóis foi recollida por´o convento de Trandeiras. Os de Cardeita alcontraron n´esas escavaciós unha trabe, un pote vello, un pozo co n escaleiras e non sei si outras cousas. Os autuales non dan razón de tales alcontros, sólo dín ¨contaban os vellos".

SANTANA, Urbano; Resume xeneral de folk-lore de Sandiás, Revista Nós, xuño-setembro, 1931

[Texto remitido por Xavier Feixoo, de Sandiás (Ourense)]

NOTA
A lagoa de Antela foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con sete quilómetros de longo e seis quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade que rondaba, de media, os 0,60 metros e nalgúns "pozos" chegaba ata os tres metros.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

A lenda conta que fai moitos anos no lugar que hoxe ocupa esta lagoa houbo unha cidade chamada Antioquía, coñecida porque os seus veciños carecían de calquera mostra de caridade.

A lenda narra que Deus quixo castigalos pero Xesús propuxo redimir ós máis xustos baixando á cidade en forma de mendigo. Percorreu así tódalas casas pedindo esmola sen que ninguén se apiadase del. Xa de volta, aflixido, e mentres estaba cruzando unha carballeira, viu unha casa habitada por unha muller anciá á que tamén lle pediu esmola. A muller ofreceulle unha cunca de leite e un anaco de pan e tamén abeiro para pasa-la noite.

Á mañá seguinte Xesús amosoulle á anciá o que fora da cidade de Antioquía. A muller quedou sorprendida ó ver que a cidade desaparecera e que no seu lugar había unha lagoa. Ninguén se salvara, agás ela...

E din que nas mañanciñas de San Xoán, co primeiro raio de sol, aínda se pode ver no fondo o campanario da igrexa. E na Noiteboa, ás doce en punto, óese o canto dos galos....eso din


Enviado por Deianir o 08/05/2008 ás 21:12:53


Enviar comentario a este artigo: