Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Nubeiros en Palas de Rei

Había unha parroquia que non lograba verse libre dos nubeiros pois non viña día que non fixeran unha trasnada. O señor cura, que se deu conta de que o nubeiro quería facer das súas, armouse de paciencia e comezou a ler libros en latín e a botar bendicións cara un lado e cara o outro. Traballa que traballa, non lle quedaba parte do corpo que non estivese suada.
Despois de dúas horas de rogativas conseguiu que o nubeiro baixase. Fíxolle poñerse de xeonllos cos ollos mirando ao chan, e ao fin conseguiu que pedise perdón polo dano que levaba feito, ordenándolle o crego que ata onde se oíran as campás daquela parroquia non volvería a facer das súas. E parece ser que ata o de agora foi cumprindo a palabra.

Nota da recompiladora:
Nubeiro: Home pequeno, co corpo cuberto de pelo, cun rabo longo e retorcido, que se sobe ás nubes, canto máis grandes mellor. Non deixa cousa con cousa, xa que son os causantes das treboadas de verán e doutros moitos estragos.
Ilustración: Anahí Ouro Blanco.

[Recompilación de Anahí Ouro Blanco, alumna de 2º de E.S.O. do I.E.S. de Palas de Rei (Lugo), curso 2005-2006, para o traballo escolar “Recuperación da literatura oral do concello de Palas de Rei”, coordinado polo profesor Toño Núñez]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: