Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Andel de Marabillas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fenómenos: Xata con dúas cabezas

Cóntano en "Gaceta de Galicia"[1] do 6 de novembro de 1903. No barrio de Maariz, en Mondoñedo (Lugo), exhibíase en días pasados unha xata con dúas cabezas, catro ollos, e tres orellas, unha deles situada no punto de unión das cabezas. A becerra era filla dunha vaca propiedade de Antonio García, veciño daquel barrio, quen aos dous días de nacer o “becho” mandouno enterrar. O que non sabemos é se o enterro foi co animal vivo ou morto. 

Dous anos antes, atendendo á información que publica “El Regional” o 12 de xuño de 1901[2], tamén nacera na parroquia de Mosteiro, concello de Pol (Lugo), unha becerra con dúas cabezas, dous rabos e seis patas.Esta xa nacera morta.

»Coñece vostede a vaca Juanita? O maior fenómeno do mundo vivo


[1] Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 247 (06/11/1903)

[2] El regional : diario de Lugo: Num. 9247 (12/06/1901)

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: