Actualizado en data 27/07/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Andel de Marabillas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Coñece vostede a vaca Juanita? O maior fenómeno do mundo vivo

Con este relato queremos recordar ó animal de máis sona que se coñeceu na Terra de Melide. Trátase da famosa vaca Juanita, moi popular nos anos 60 e 70, polo que moita xente a recorda perfectamente. Nós temos uns recordos dela bastante vagos e afastados, posto que faleceu cando aínda eramos moi cativos. Lembramos tela visto unha vez polas festas do San Roque dentro do camión que a transportaba, nos xardíns do centro de Melide.

A vaca Juanita naceu na Acea, no concello de Sobrado dos Monxes, un 23 de marzo de 1963. Manolo, coñecido como “San Roque” ou tamén agarimosamente como “Sanroquiño”, mercáraa  e con ela viaxou por toda a península amosándoa en feiras e exposicións, sendo moitas as persoas que acudían a contemplala, máis nunca pasou as fronteiras posto que a Facultade de Ciencias Naturais de Madrid non llo permitía (o que non entendemos é a negativa deste organismo nin a potestade que tiña para impedilo).

Nas feiras amosábase a modo de reclamo co slogan de EL MAYOR FENÓMENO DEL MUNDO VIVO, como se podía ler no rótulo da caixa do camión que a transportaba de feira en feira e de pobo en pobo.

Pero, por que se fixo tan famosa este exemplar de vaca rubia galega?

Pois principalmente porque esta vaca contaba con sete patas, aínda que a xente sostiña que tiña seis, e porque non se sabía moi ben se  era macho ou femia, pode ser porque compartise parte da anatomía  dun embrión xemelgo atrofiado,  pode ser que un feto non se desenvolvese correctamente e que se concibise un animal hermafrodita e   con carácteres de dous individuos.

Na actualidade aínda se pode ver nunha finca de Melide a caixa do vello camión, moi enferruxada e deteriorada, formando parte do peche desa finca, pero aínda se pode ler parte do reclamo co que se anunciaba este “fenómeno”. Pode lerse con dificultade e en letras grandes o texto de “El mayor fenómeno del mundo vivo” e “Conoce vd. la vaca Juanita, tiene 7 patas, macho hembra”.

Esta vaca faleceu un 22 de marzo de 1978 en Melide, despois de 15 anos de intensa vida social e pública. Dende o seu pasamento aínda se falou dela moitos anos.

 

[Texto remitido por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Abril de 2015]

NOTA SOBRE AS FOTOGRAFÍAS

 A foto da vaca Juanita pertence ó arquivo de Manuel Rodríguez González. Nas fotos do camión onde se exhibía vese o texto do reclamo ampliado e a a caixa do camión no peche dunha finca.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

A las ferias de Pamplona por San Fermín también venía. Años 67-68. "En el interior del furgón de este coche se encuentra vivo el mayor fenómeno del mundo,la vaca Juanita, siete patas, macho y hembra a la vez... Pasen Vds a verla, mírenla, tóquenla, sin dañar al animal..... Médicos y veterinarios aseguraron que el animal moriría pero...

Enviado por v. Manuel Egia. Pamplona o 15/12/2017 ás 16:39:15


Yo también la vi en Valle de Ruesga Cantabria ,fines de los 60 inicio de los 70....aparte del fenómeno en si la explicación del propietario era de cátedra veterinaria

Enviado por Ricardo Arce o 23/09/2017 ás 22:16:53


Yo tambien la vi en la feria de Jerez en esos años

Enviado por J.R.Vazquez o 30/09/2017 ás 0:24:03


Yo he visto a la vaca Juanita en más de una ocasión el las fiestas de Estella (Navarra) cuando era un niño. La traían todos los años. Pagabas una entrada y podías verla en el remolque en el que la guardaban.

Enviado por Miguel o 18/05/2017 ás 19:27:54


Enviar comentario a este artigo: