Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Andel de Marabillas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Na procura do tesouro do Castelo de Sandiás

O castelo de Sandiás, coñecido polos veciños coma a Torre do Castro, sitúase no outeiro do mesmo nome, tendo ó seu pé a pequena aldea do Castro. A Torre do Castro foi edificada sobre un antigo castro, cecais a mediados do século XII.
Fai xa moitos anos, un grupo de veciños, tanto do Castro como das Pegas, movidos pola cobiza que un deles lle meteu nos miolos co libro dos tesouros ou ¨Ciprianillo¨, fartáronse de facer buratos por todo o outeiro, ata que cavando, cavando, descubriron o pozo do castelo de pura casualidade. Ó único que sacaron foi uns cantos xerros, ós que non deron a maior importancia, xa
que eles o que buscaban era o tesouro, pero como estaban baleiros, tiráronos de novo ou regaláronos. Algúns deles vinos nunha ocasión no Museo, pero non sei como estará referenciado
.

[Lenda recollida por Xavier Feixoo (www.culturapopulardesandias.com) de boca de J. J. Cid, O Castro, concello de Sandiás (Ourense)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: