Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O rei do pazo de Sober

No Pazo de Sober (Lugo) vivía un rei que tivo que ir á guerra contra os mouros. De regreso, victorioso en todas as batalllas, contrariouno ver que en Monforte non o agardase ninguén. -¡Que pasaría!-pensou. E apurou o paso camiño do pazo. Axiña descubriu o motivo; o víspora enterraran a súa filla. Botou un ano preguntando polo que pasara e descubriu que entre o médico e o capelán deixaran a filla preñada e logo envelenárana para que non os delatase. Entón o rei preparou a vinganza. Cando lle tocaba celebrar o cabodano da morte da filla, convidou a un banquete aos que consideraba culpables e cómplices do asasinato. Rodeounos e prendeunos, e logo executou a xustiza desta maneira: aos cómplices decapitounos ou mandou chantarlles un ferro candente na cabeza. Ao médico montouno nun burro de ferro e púxolle contrapeso nas pernas ata que se foi abrindo en dous. E ao capelán meteuna nunha casoupa, atouno e fixo que lle fose caendo a modo unha pinga de auga tras doutra ata que lle apodreceu o cerebro. Logo este rei vendeulle o pazo a unha condesa de Lemos que co tempo tamén tivo que abandonalo pois os foreiros fixeron correr o runxe-runxe de que había unha cobra moi grande no pombeiro do pazo.


BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: