Penedo das Ferraduras
No Penedo das Ferraduras de Santa Baia de Vences, concello de Monterrei (Ourense) hai un tesouro, ou polo menos sábese que o buscaron seguindo as instruccións do Libro de San Cipriano.
Este penedo está a medio camiño entre a Casa do Frade, ou Penedo da Horta, e o monte de San Agustín e ten á vista as pegadas que deixou alí o cabalo dun frade. A explicación é que o frade dicíalles misa ós mouros dacabalo no Penedo da Horta e logo dirxíase á capela que hai no monte de San Agustín, facendo parada para descansar no Penedo das Ferraduras.
Outros din que as pegadas non son do cabalo do frade; que son do de Santiago cando lles axudou ós de Vences a loitar contra os franceses.
BIBLIOGRAFÍA