Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Poza da Moura

Conta a lenda que en Domaio, parroquia do concello de Moaña (Pontevedra) vivía un mouro moi rico que tiña unha filla de gran beleza. Esta moza víase ás agachadas na Poza da Moura cun campesiño da zona co que o pai lle prohibira mocear. A moura desoía as ordes do pai pero un día este sorprendeunos. O pai, furioso, deulle morte ao mozo, e a filla, desesperada de dolor, guindouse á Poza da Moura na que se afogou. En lembranza do acontecido é polo que se lle chama a Poza da Moura e hai quen di que na noite da San Xoán a moza aparece peiteando os seus cabelos e que, ás veces, se lle escoita cantar. Máis información sobre lendas da Poza da Moura [Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: