Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Serpe de Casal (2)

No lugar de Casal, parroquia de Santa Mª A Real de Entrimo, concello do Entrimo (Ourense) había unha serpe xigantesca que só se acalmaba se engulía unha moza campesiña cada certo tempo.
Un día, a xente do lugar cansou de ter que entregarlle mozas e pedíronlle á Virxe que lles axudase. E na seguinte ocasión en que tocaba rendir moza, a pobre rapaza choraba crendo que morría, apareceuse no alto do monte unha valente e fermosa muller que colleu unha area do chan e guindoulla ao becho.
Nese momento, o animal quedou partido polo pescozo en dous cachos mentres que a areíña, ao rebotar na serpe, foi caer ao río.
Os anacos da serpe convertíronse en pedras e aquela areíña trasnformouse nun enorme penedo que aínda existe no medio do río.

[Recollido por Xoán Xosé González en xaneiro de 1993 a Felisa Rodríguez, de 89 anos]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: