Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro de Zoñán

Neste castro de Zoñán, Os Remedios, Mondoñedo (Lugo) apareceron moitas cousas, entre elas un puñal, cachos de barro, muíños, moedas e unha ola de barro tan grande que collía unha persoa dentro dela.
Aló polo 1920 os nenos da escola de Zoñán foron celebrar os Maios a Mondoñedo e levaron dentro da ola de barro unha nena duns doce anos. Despois quedouse con ela un de Mondoñedo e xa non se soubo máis da ola.
No sochán da croa do castro de Zoñán viven os mouros. Son ricos coma cochos, gardan fortunas inmensas nos seus pazos aterrados e teñen cabalos que levan a beber de noite por un túnel que vai desde a croa ata o rego que pasa cabo da igrexa de San Cristovo. Hai que víu fumegar as chemineas das súas casas soterradas por entre os felgos e as queirogas da tona da terra.
E hai, soterrado, un xogo de bolos, con lastra e todo, feito de ouro. Cando trona dise que están xogando ós bolos os mouros do castro de Zoñán.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: