A pel do boi da Arca
Alí na Arca, parroquia de Montouto, concello de Abadín (Lugo), non se sabe ben o sitio, hai enterrada a pel dun boi mouro chea de ouro. Debeu quedar de cando andaban os romanos por alí.
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS
Eu teño oído nesa mesma parroquia que esta pel do boi chea de ouro estaba localizada na Pena da Cadeira, moi preto do barrio da Arca, segundo información relatada por rapaces nativos de alí que o teñen escoitado falar aos seus avós.
Enviado por Carme Pernas Bermúdez o 24/09/2013 ás 10:51:37