O home da Lagoa de Campo do Couso
Na Serra de Ouviaña, en Campo do Couso, Sadrarín, San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín (Lugo) hai unha lagoa.
Unha vez dous homes que se achegaban por alí viron a outro no medio daquela lagoa. Segundo se achegaban á lagoa, o home metíase na auga e desaparecía. Facían que marchaban e aquel home volvía a deixarse ver no medio da lagoa.
BIBLIOGRAFÍA