Seres míticos
O tardo e o Tío Roxo
No concello de Calvos de Randín (Ourense), pasou o seguinte caso. Unha vez viña o Tío Roxo do muíño dacabalo da súa besta e foi o tardo e deulle a volta ao aparello; o Tío Roxo chegou á casa coa cabeza para abaixo e cos pés para enriba e, o mellor, sen se dar de conta de que ía naquela postura.
BIBLIOGRAFÍA