Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro Meimón

O castro Meimón sitúase nun contraforte macizo da Roda, coñecido como A Goia, enriba do lugar de Vilachá, parroquia de Feás, concello de Boborás (Ourense).
Este castro garda un tesouro tan superficial que lle rozan as rodas dos carros cando pasan por riba del, mais ninguén se atreve a collelo pois está no medio de dúas antas (lumieiras) de alcatrán que estouparían en lume con só rozalas.
Ao arredor do castro había dez garitas (mámoas con cámara), que era onde os mouros se metían para facer as gardas e por debaixo do terraplén existe unha fonte que lle chaman a “fonte dos mouros”.
Tense visto moitas veces na Goia a unha moura que saía cantando esta cantiga:
No castro de Parada (Cameixa)
teño a miña filla Clara,
no castro de Magros
teño o meu fillo Carlos,
e no castro de Meimón
teño o meu corazón".

[Información remitida por Eva Diéguez Alonso, Vilachá, Boborás (Ourense)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: