Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Adega da Portela

A Casa de Lagariza, Vilar de Ortelle, concello de Pantón (Lugo) tiña unha adega que se coñecía como Adega da Portela. Tan boa era aquela adega que se dicía: “Antes secaría o río Miño que na adega da Portela faltara o viño”.
Un dos devanceiros da casa non deixaba que ninguén fose buscar o viño á adega pois parece que alí se lle aparecía unha moura en forma de serpe, que logo se transformaba en muller e que se divertían entrambos.
Ao rematar, a moura, antes de volver a transformarse en serpe, dáballe ao home uns carbóns que logo se volvían moedas de ouro e así, disque, puido virlle a riqueza á Casa de Lagariza, aínda que os seus propietarios sempre foron xente nobre e con recursos.
Tempo adiante o señor da Casa de Lagariza enfermou e como non podía ir buscar o viño á adega mandou un seu criado, facéndolle prometer previamente que, vise o que vise, non se asustase.
Mais cando o criado entrou na adega e tropezou coa serpe, asutouse, comezou a berrar e botou a correr cara a casa. Cando llo dixo ao amo, este botou as mans á cabeza e lamentouse:
—Boa a fixeches; acabouse a miña sorte e a da Adega da Portela!
Cando o señor mellorou volveu buscar viño á Adega da Portela, pero nunca máis viu a moura. A Adega desapareceu e fíxose unha nova, a que aínda hai hoxe, moi boa, con moi bo viño, como sempre tivo aquela casa. E que dure, para que non secumpra o dito: “Antes secaría o río Miño que na adega da Portela faltara o viño”.

[Texto elaborado a partir da información achegada por unha descendente da Casa de Lagariza, Vilar de Ortelle, Pantón (Lugo)]

Outros autores (López Cuevillas e Fraguas) refiren un caso idéntico sucedido nunha adega que estaba debaixo do castro de Amboade, en Vilar de Ortelle, concello de Pantón (Lugo. O dito, sendo o mesmo, presente unha variante:
Cando nesta adega falte o viño,
ha de faltar a auga no río Miño.


BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

As paredes da adega ainda xixten, e supoño que tamén un tunel que tiña a adega no cal decían que había enterrado un tesouro...

Enviado por Un de Balboa o 30/09/2011 ás 22:55:35


Enviar comentario a este artigo: