Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Franqueira

A PROCESIÓN DOS BOIS
Na Franqueira (A Cañiza, Pontevedra), celébranse ao cabo do ano dúas festas de gran sona que teñen como destino un mosteiro existente no cumio da Paradanta, que agocha no seu interior unha vella imaxe en pedra da Virxe: a do 8 de setembro (véxase a lenda «O mouro e o cristián»), e a «das Pascuíllas», en maio, que poderiamos definir como «máis local». A «das Pascuíllas» é unha das romerías máis antigas de Galicia, unha romaxe de tódalas freguesías da bisbarra na que os fieis portan estandartes e pendóns dos santos venerados en cadansúa parroquia, e cumpren unha serie de ritos protocolarios ao saudárense nas encrucilladas dos pedregosos camiños, cando coinciden na ruta ao mosteiro. O seu obxectivo é o de render culto á imaxe en pedra da Virxe da Franqueira que, a dicir dos expertos, data dos primeiros séculos da cristiandade, probablemente do século VII ou, a máis tardar, do VIII.
Segundo unha lenda popular, esa imaxe era moi venerada naqueles tempos polo que, coa chegada dos mouros, que acostumaban a arrasar con todo o que atopaban e, sobre todo, cando se trataba de cousas relacionadas coa relixión, decidiron agochala en algún lugar segredo para que non fose estragada polos invasores ata que o perigo pasase. Pero foi tan longa a permanencia dos musulmáns que esa imaxe ficou agochada de tódalas miradas durante moito tempo: nada menos que catrocentos anos. Esquecida xa polas xentes do lugar, foi recuperada dun xeito un tanto peculiar.
Disque a atopou unha muller de certa idade que acostumaba a apacentar o seu gando pola zona. En certa ocasión, á tardiña, viu un resplandor alumeando entre uns penedos que chamou poderosamente a súa atención. Curiosa, achegouse ao lugar do que procedía aquela luz e atopou a pequena estatua esquecida, agochada entre as pedras. Ese lugar é coñecido dende entón como «O Coto da Vella». Velaí a orixe do seu nome. E aínda din os veciños que existe unha proba da veracidade desta historia, que é unha coroa da Virxe gravada nun daqueles penedos.
A noticia coñeceuse en todo o contorno e os veciños, abraiados perante o milagre, deciden construir unha ermida na que venerar a imaxe aparecida. «O Coto da Vella» viña coincidir nos lindes das vilas que hoxe coñecemos como Luneda e A Franqueira, pero o punto exacto era demasiado irregular como para permitir a construcción dun templo, así que comezaron as disputas por ver quen erguía a ermida no seu terreo. Cansos de discutir, algún veciño deu cunha solución que podía convencelos a todos: que fose a propia Virxe a que elixise o lugar. De maneira que decidiron xunguir unha parella de bois (un de cada vila, para evitar suspicacias), colocar a imaxe da Virxe sobre un carro, e deixar que a inspiración mariana guiase aos animais ata o punto elixido. Os bois marcharían cos ollos vendados e sen guía, para evitar que a intervención humana entorpecese a divina. Ao parecer, os animais non daban arrancado e comezaron a dar voltas ao chou ata que, por fin, atoparon o camiño franco por algún lugar e iniciaron a marcha. Dende entón, esa zona é coñecida como «A Franqueira». Velaí a explicación doutro topónimo.
Os bois camiñaron ata que cansaron ou por algunha razón decidiron parar ao pé dun antigo cemiterio. Xusto nese punto ergueuse a primitiva igrexa, moi sinxela. Tamén neste caso os veciños exhiben unha proba da veracidade do relatado, xa que existe no lugar, na pena que se atopa á entrada do templo, unha profunda fendidura seica feita polo carro cando se detivo.
Na actualidade, aos visitantes chámalles poderosamente a atención que ao remate da tradicional misa, unha xunta de bois perfectamente engalanados con mantas bordadas que os cubren por enteiro, entre na igrexa a recoller a imaxe da Virxe para facer a ritual procesión arredor do mosteiro.
Nós feitos cun dedo
Ramón Cabanillas, que con tanta femosura cantou á Franqueira, explicanos en «Apuntes dun ofrecido», introducción aos poemas que recolle no libriño «Romaxes da Franqueira», como fixo o cami


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: