Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Orixe do Canón do Sil

Sabemos por fontes de fiar que esta lenda non é tradicional pero pode chegar a selo se ten fortuna.
Segundo opinións non contrastadas o deus Xúpiter achegouse a Galicia nunha viaxe de lóstrego, gustoulle o país e como proba da emoción que sentiu por esta terra púxolle unha marca que a fendeu diagonalmente; así naceu, seica, o río Miño.
Xuno, a esposa de Xúpiter, anoxouse tanto por esta apaixonamento que para vingarse atacou a Galicia e nun primeiro arrebato conseguiu facerlle unha fenda que hoxe coñecemeos coma o Canón do Sil.
O deus Xúpiter tomou a mal esta afrenta da súa muller e castigonua a vivir no canón ata que se arrepentise. Cando Xuno pediu perdón, o deus consentiu en que se convertise en río, O Sil, e mesmo que chegase a xuntarse con el, o río Miño, nos Peares.
Será lenda ou fantasía pero é bonito imaxinar que dous ríos, macho e femia, home e muller, deus e deusa, se transformen en amantes reconciliados.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: