Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As mouras do Treboal

Os penedos do Treboal están en Covelas, concello de Os Blancos (Ourense). Neste penedos vivían unhas mouras, e unha rapaza de nome María que andaba co gando polo monte sentíu que berraban por ela.
Achegouse ás penas e as mouras dixéronlle que lle daban unha cesta con fabas que se convertirían en ouro se non llo contaba á nai; de dicirllo, matábana.
María prometeu non dicir nada, foi para a casa coa cesta de fabas e pousouna enriba dunha arca. Pero a nai cismaba:
—Que levas?
—Non cho podo dicir.
—Ou me dás a cesta ou douche unha malleira!
María cacabou por darlle a cesta e, como se pode supoñer, as fabas seguiron sendo fabas e non se transformaron en ouro.
Ao día seguinte a rapaza volveu ao monte. As mouras chamaron por ela e logo matárona. Cando se decataron da tardanza, a nai e a veciñanza foron tras dela pero axiña lles respondeu unha das mouras:
—Mariquiña, Maricola,
con aceite e allo
metida na barrigola!

[Recollido por Manuel Jardón Moure en xaneiro de 1994]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: