Seres míticos
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Fuso da moura
Lugar situado no Monte Nariga, nos lindes do concello de Malpica co de Ponteceso (A Coruña).
Chámase así pois parace ser que alí houbo unha anta que tiña a figura dun fuso no que se supón fiaba unha moura.
Hai noticia da existencia naquela zona de covas con tesouros e asegúrase que foi lugar de enterramento dos devanceiros.
COMENTARIOS ENVIADOS
Existe unha pedrafita aínda chantada que é o marco divisorio entre Malpica e Ponteceso. Atópase entre unha necrópole megalítica e inmersa nun "estupendo" parque eólico.
Enviado por Moncho Boga o 15/01/2015 ás 18:57:49