Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Encantamento do Barreiro

A Campa do Barreiro é un lugar da Serra dos Ancares, concello de Cervantes (Lugo).
Un xastre que ía coas cabras para levalas ás brañas pasou polo Barreiro e ó chegar a un prado que era dun veciño observou que estaba instalado un posto como os que hai nas feiras e que ofertaba moitas e moi variadas cousas... ¡mesmo tesoiras!
Este posto ambulante era atendido por unha rapaza loira moi fermosa, elegante e disposta.
O xastre, ó pasar por diante, sentiu que o chamaban:
—¡Oia señor! ¡Oia señor! ¡Faga o favor!
O xastre achegouse onda ela e esta díxolle:
—¡Señor! ¿Que é o que máis lle gusta de todo o que aquí hai?
El, como era xastre, contestoulle :
—¡As tesoiras!
A rapaza entón deullas, ó tempo que lle dicía:
—¡Pois tómeas! ¡Se as cravara no seu corazón! ¡Se me houbese elixido a min podería ir con vostede e ser felices os dous!
Dicindo isto desapareceu a rapaza e o posto.
¡Claro, a moza era unha princesa que tiña un encanto!

[Texto remitido por José María Carricoba Armesto, Lugo]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: