Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro de Arroxo da Fonsagrada

No castro de Arroxo, parroquia do concello de A Fonsagrada (Lugo), tamén chamado castro de Marful ou Marfulle, hai un tesouro. Ao norte dun penedo que hai na croa do castro hai un tesouro de ouro. No lugar aproximado onde debera estar o tesouro hai un penedo cunha entrada de cova. A entrada permite que pase unha persoa de pé pero despois o burato baixa e ninguén se atreve a ir ver e comprobar o que hai.
Hai anos, nas fincas da Gamalleira, no mesmo castro, un arado descubriu un recipiente de barro de colo estreito. Rompérono e estaba cheo dun pó que ao poñelo ao sol, brillaba que cegaba. Din que era ouro moído.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: