Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro de Vilachá

O castro de Vilachá está no concello de Boborás (Ourense).
Conta a miña avoa que nas noites de moitos anos atrás podíase escoitar como os cabalos dos mouros galopaban e rinchaban dentro do castro de Vilachá.
Tamén contan os vellos que ao parecer houbera unha pelexa moi grande entre dous mouros; a cousa chegou a tanto que un dos mouros tentou tirarlle unha pedra ao outro pero non puido. Como supostamente os mouros tiñan poderes o que sucedeu foi que a pedra derreteuse e quedou nela a pegada da man do mouro.
Un día fun con meu pai buscar esa pedra e atopámola; é unha pedra na que encaixa perfectamente unha man, coma tentando coller a pedra.
Segundo a lenda o castro de Vilachá ten agochadas no seu interior dúas vigas, unha de ouro e por enriba unha de explosivos.
So se fará coa de ouro, a persoa, que sexa capaz de chegar a ela sen tocar absolutamente nada a de explosivos; do contrario, a súa morte será inminente.

[Texto remitido por Eva Diéguez Alonso, Vilachá, Boborás (Ourense)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: