Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O trasno aproveitado

Isto pasou en Candia, Abadín (Lugo):
»[O trasno] iba a unha casa sempre a facer daño, iba a facer daño, pero era moi proveitoso porque non quería perder nada, non sabes, non quería perder nada. Iba, metíaselle cas cousas, comía na cama, comíalle-lo queixo pero el nunca desperdiciaba nada. E, entonces, un día, tiroulles un saco de trigo e como había que apaña-lo trigo e non podía recollelo todo xunto, pois chorou tanto, chorou tanto que adormeceu, con tanto chorar adormeceu, e cando viñeron da casa pois encontrárono durmindo».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Un conto deste estilo contoumo xa hai tempo unha tía miña. Disque na casa da Roxa (na aldea de Orosa, Aranga), tiveran un trasno, ao que sentían polas noites seguido contar “un, dous, tres”, “un, dous tres”... Un bo día ordenaron de poñerlle unha cunca con sementes. Ao día seguinte atopáronas todas ciscadas, e disque fora porque as tirara e non quixera pasar traballos a apañalas. Dende aquela, nunca máis volveron sentir o trasno pola casa adiante.

Enviado por Rosa Brañas o 25/09/2008 ás 19:22:22


Enviar comentario a este artigo: