Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Pozo da Troita

Contan que hai moitos anos en Francos, concello de Guntín, había un pozo cunha troita a carón do río Miño e que por iso se lle chamaba o Pozo da Troita.

A troita subía todas as semanas á aldea e se tiña fame comía un home. Ninguén se achegaba ao río onde estaba a troita. Dicían que convertía a xente en porcos fracos e que despois os comía.

Os mércores a troita subía xunta o ferreiro para que a rascase no lombo porque o tiña cheo de grans e pagáballe cun saco de moedas de ouro. Pero un día o home máis valente do lugar foi alí e baleiroulle unha garrafa de ácido fórmico polo lombo cando a troita estaba en cas do ferreiro. Cando volveu ao seu pozo e se meteu na auga, queimóuselle a pel e o estómago.

Aínda temen que algún día saia do pozo e que coma a todos os veciños.


Esta sorprendente lenda foi recollida en Francos-Lousada e publicada na revista escolar Miuzallas, que edita o Colectivo Estiño, en 1999. Reprodúcena en Facéndolle ás beiras ó Miño 2004: p. 26 e en  Duro 2009: p. 41.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: