Seres míticos
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A batalla da fin do mundo
Unha das preocupacións do ser humano é saber por adiantado cando será a fin de mundo. Xa superamos con ben e amplamente a que aseguraba que se había producir o ano 2000, predición baseada nun suposto anuncio que fixo Xesús Cristo no momento de expirar: “Aí te quedas mundo, para mil e tantos anos que a dous mil non chegarás”.
Hai moitas outras prognósticos que falan dos sinais que o anunciarán. Os astros e as estrelas andarán sen rumbo e cambiarán de lugar. Virán pestes, guerras, fames, secaran as fontes e as plantas, non nacerán criaturas nin de animais nin de persoas, padeceremos enfermidades descoñecidas, choverá sangue.... ata concluír nun diluvio de lume, a imitación do mítico de auga do pasado, que prenderá un incendio abrasador en toda a Terra.
Amais disto, por se fose pouco, haberá unha gran batalla que terá lugar, segundo puido saber Vicente Risco, no monte Faro, en Chantada. Será un guerra de nenos e mulleres, daquela xa non haberá homes, que será réplica da que libraron no mesmo lugar os mouros. As armas que usaron naquel entón quedaron soterradas nun lugar oculto e serán as que se usen na batalla final no monte Faro.
Neste monte atópase o santuario da Virxe do Faro e dise que é onde está agachado un tesouro dun rei mouro que había no castro Morgadán en Carballedo.
Texto elaborado por Antonio Reigosa
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS