Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A fonte que bota millo miúdo

A fonte da Mina do Mato das Cruces está na parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra. Ten sona de deitar auga moi boa para diversas doenzas, especialmente dos ollos.

Unh vez mandaron unha moza dunha casa de por alí buscar un balde de auga á fonte pero cal non sería a súa sorpresa que a fonte, en vez de uga, só botaba millo miúdo.

A nena puxo o balde e encheuno de millo miúdo. Baleirouno e volveuno a encher, e así por tres veces pois sempre o encheu de millo miúdo.

Volveu para a casa sen nada e cando a nai lle preguntou porque non trouxera auga, contoulle o que lle pasara.

Entón foron as dúas pero a fonte xa só botaba auga. E é que ao parecer só bota millo miúdo diante de persoas inocentes, sen maldade.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: