Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

En figura de militar

Na Porta do Mouro, no Crasto, en Melide, uns foron ver de desencantar un tesouro. Cando pronunciaron o esconxuro, saíu unha voz de penedo que lles preguntou:

—De que forma queredes que saia?

E un dos presentes que acababa de volver do servizo, respondeu:

—En forma de militar!

E presentouse un soldado moi grande, tanto que a cabeza pasaba por enriba dos outeiros máis altos. E ademais negouse a darlles os cartos se non lle levaban un año branco sen mancha ningunha.

E como se puxeron a discutir, veu un trono que apagou as luces e nesas despareceu o xigante.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: