Seres míticos
CATEGORÍAS RELACIONADAS
nº 16 (2020): Broz, Xurxo e Vázquez, Cristina: A galiña con pitos, no folclore da Terra de Melide.
Son moitas as referencias orais que vinculan á visualización dunha galiña con pitos con xacementos arqueolóxicos e outros encraves “máxicos” ós que a tradición popular asocia coa existencia de tesouros agochados e con encantos. E tamén resulta curioso, á par de alentador, saber que eses saberes do pobo todavía non esmoreceron de todo, aínda a pesares da preocupante desmemoria, que está a supor unha crecente e irreversible perda do noso rico patrimonio inmaterial e do saber atesourado de xeración en xeración.
Nese senso queremos lembrar como hai poucos anos, estando de visita na anta do Foxo do Cabrito (Brañas, Toques), un veciño da aldea do mesmo nome, nos falou dunha galiña con pitos que se saía e se deixaba ver nese monumento megalítico, ou como Elena Salgado (veciña de San Romao, Santiso), lle ten escoitado ó seu pai que: «Se o día de San Xoán ó abrir o día miras cara ó Castro, podes ver a galiña dos pitos de ouro pola Fonte Tivia». Neses mesmos termos se expresa o investigador Miguel Ares Rúa, quen referíndose á festividade de San Xoán na parroquia de San Romao: “... pero antes han de ir ver baila-lo sol, único día do ano en que tal cousa sucede. Disque o sol non rube firme para arriba, senón que se move dun lado a outro do ceo. Baila, din os vellos. Os máis dispostos, tamén han de ir buscar a galiña cos seus sete pitiños de ouro macizo que esa mesma mañá, ao raia-lo sol, saen da Fonte Tivia, moi preto do Castro de San Romao. Este e máis outros encantos pódense ver esa noite nos montes e fontes da parroquia, aínda que moitos xa se deixaron de ver hai anos, cando veu a luz eléctrica”.
Vemos por tanto que os relatos referidos a este fenómeno tan característico do noso imaxinario, aínda perdura na tradición oral popular, fundamentalmente en contextos rurais, pero non con tanta viveza como ata hai un século, cando os estudosos do Seminario de Estudios Galegos estiveron a percorrer a Terra de Melide na procura do saber da tradición oral transmitida de boca a orella, e mantida viva no acerbo colectivo.
Dese xeito Vicente Risco e Amador Rodríguez contan como “en case todal-as aldeias conta que, ben á beira d´unha fonte, ben á d´un regato, aparez unha galiña con pitos moi bonitos, máis que cando se queren coller, esbarríanse sen saber cómo nen pra onde. Esta galiña é un encanto”.
Tamén o prehistoriador Florentino Cuevillas narra como este fenómeno “repítese sete veces, n-iste inquérito, e é das lendas máis estesas en Galicia, Portugal e Asturias. Sólese dicir ás veces que o que seipa ir atrás da galiña chega ó tesouro. Compre adevertir que, algunhas veces, a pita e os pitos son de ouro. Isto débese relacioar ca lenda da pita dos ovos de ouro, tan repetida. Outras veces fálase tamén de tesouros consistentes n´unha galiña cos seus pitiños. Todos de ouro macizo”.
Cuevillas recolle algúns testemuños moi concretos deste fenómeno relacionado con Castros desta comarca.
-
No de San Martiño de Oleiros (Toques) un informante “díxonos que o Castro fora feito pol-os sarracenos e que se contaba que había alí unha muller encantada e unha galiña con pitos”.
-
No de Donide (parroquia de Maceda, Melide): “por baixo do Castro hai unha fontela pol-a que sae unha galiña con pitos”.
-
No do Meire (Melide): “no Castro e pol-os eidos veciños ten aparecido unha poliña con pitos”.
-
No de Moldes (Melide): “din que teñen aparecido no Castro moitas cousas, entre elas galiñas con pitos moi bonitos”.
-
No de Serantes (Santiso): “apareceu tamén unha galiña con pitos e unha vella branca que anda a amostrarse e a acocharse”.
-
No de Pezobrés ou Belmil (Santiso): “ós inocentes (nenos ou mulleres), aparécelleses moitas veces unha galiña con pitos”.
-
No de Corbelle (Melide): “na amañecida de San Xohán, sae unha galiña con pitos”.
E tamén resulta como, a diferencia dos anteriores, no Castro de San Salvador de Abeancos (Melide), un informante narroulle que “pol-a amañecida, e ó solpor, tiña il visto moitas veces unha pombiña branca, que andaba a pasear pol-o castro”.
Aínda na década dos anos 80 do pasado século XX, este folclore relacionado con galiñas con pitos, seguía moi presente no imaxinario popular, mostra diso son as testemuñas recollidas polo mestre investigador e membro do Seminario de Estudios Mariñáns, Antonio Río López, no seu traballo de campo para a elaboración do ensaio “La cultura castreña en Sobrado de los Monjes”. Nel da conta de diferentes testemuños vinculados con castros dese concello:
-
Na Roda de Sucastro (na divisoria entre Sobrado e Curtis): “a unos 500 metros del Castro existe una roca medianamente grande conocida como Pena da Xesteiriña, donde nos contó la anciana señora que precisamente en aquel mismo lugar fue vista por su suegra, una gallina con preciosos polluelos, que hizo ademán de cogerlos pero no fue posible y siguiendo monte abajo, saltaron al camino y fueron a meterse por el agujero de una fuente próxima llamada “a fonte dos Mouros”, desapareciendo son volver a ser vistos”.
-
No Castro de Grixalba refire: “apariciones de galiñas con pitos”.
-
Na Roda de Vilariño: “la repetida creencia de la “gallina con pitos” aparece también en las proximidades del Castro, así nos lo referían estos dos ancianos: - había una niña hace años, que siempre que iba a llevar las vacas al pasto, encontraba una gallina con polluelos preciosos que la seguían hasta cerca de su casa para desaparecer luego en las proximidades. Como ésto venía sucediéndose de modo habitual, la muchacha lo contó en su casa y después de muchos esfuerzos para que la creyeran, alguno de sus familiares le acompañó un día, pero no lograron ver nada. Con lo que pusieron el caso en conocimeiento del sacerdote de la parroquia, quien llamó a la pequeña y después de relatarle con detalle todo lo sucedido, le dijo el sacerdote que eso era cierto y que en el momento que pusieran luto por su madre que había fallecido algún tiempo atrás, la gallina no volvería a aparecer, y efectivamente así ocurrió”. (Relato que nos recorda ó do “estraño suceso da pomba no Casco Vello de Melide”, vemos como as lendas se repiten cun plantexamento análogo).
-
No de Folgoso: “si acaso existe alguna en mente de aquellas gentes suele ser la ya tópica “gallina con pitos” y las “vigas” de oro bajo tierra.
BIBLIOGRAFÍA