Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Un milagre da Virxe da Franqueira (A Cañiza)

«Contaba miña avoa que cando a avoa dela era rapariga, o crego do Paneiro tiña un criado que andaba sempre con gando nos Pirineos da Custoira. Un día apareceulle ala no monte un señorita bonita e díxolle que avisase o seu amo que había unha rapaza que lle quería falar. O cuitado rapaz dixo que tiña medo de perdelo gando e que o amo era moi malo e partiríalle os ósos en chegada a noite. A señorita díxolle que ela tiña conta y o rapaz foi chama-lo amo. Este resmungoullo rapaz e dixo que solo recibía visitas no cuarto; ademais por ser cousa de tal señorita perdes os bois a noite tiña que ser colgado polo pescozo.

Chegou ó monte o rapaz e contou o caso. A señorita encabuxouse e fixo un dos seus milagres: prendeulle as mans á cabeza e pobriño do criado y este foi pro eido sen poder despegar as mans y así que chegou y o Crego viu tal correu de presa o monte e cunha escopeta de peraneira para castigar a quen prendera o rapaz. Non topou ningunha señorita, mais viu pra o eido o paso dun can…

A señorita era santiña que como non tiña quen botase man dela seguiu por serras de Batalláns e foi para a Franqueira, onde houbo un Crego que se entendeu con ela e mandou facer a igrexa y a imaxe. Despois o Crego do paneiro y o criado tiveron que ir en romaxe onde nós imos hoxe: un para volver a andar como os cristiáns e outro para que lle soltaren os brazos.»

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: