Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro de Pin (Navia de Suarna, Lugo)

«No río Navia, ao seu paso por baixo do lugar de Pin, hai un pazo que se coñece co nome de Pazo Redondo.

Conta a lenda que no devandito pazo había un tesouro encantado nun pozo e que só se podía sacar con dous tenreiros xemelgos enganchados a un arado romano e tirándoos ao pozo.

Un día, na casa que hoxe se coñece como Pazo de Pin, naceron dúas tenreiras xuntas. O dono quixo aproveitar a ocasión para sacar o tesouro. Era tamén condición indispensable para sacar o tesouro que as tenreiras mamasen todo o leite da vaca.

Un día, a muller foi muxir a vaca, pero chegou o home e tirou con todo, derramando o leite por encima das tenreiras.

De aí a uns meses tiraron coas tenreiras ao pozo e oíuse como unha voz dicía:

—Non mamaron todo ou leite.

Ao que o dono contestou:

—Se non ou mamaron, polo lombo ou levaron.

E pronunciou unhas palabras máxicas:

—Tira pinto, saca ou arado; sacade ou encanto que hai encantado.

Nese momento saíron as tenreiras cun caldeiro cheo de moedas de ouro no arado.

[Traducido desde o castelán por galiciaencantada.com]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: