Actualizado en data 29/06/2020

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Lendas do castro de Duarría (Castro de Rei, Lugo)

“No Castro de Duarría contábame miña avoa que había tres huchas, unha con ouro, outra con prata e outra con alquitrán e dicíalle eu, madriña e por que non vamos sachar a ela, non neniña porque si damos coa do alquitrán incéndianse sete parroquias ao redor”. “Escoitáballe tamén o do rabaño de pitos, unha señora rubia que se aparecía de repente cun rabaño de pitos na gabia do Castro, dicía “aparece de repente e vaise de repente, sen máis nin máis”. “Gabia é o foxo”. “Tamén a miña avoa falábame moito do encanto, dicíanlle que non fora ao Castro que podía ser encantada”. “No Castro había moita pedra, coios”. “Eu creo que para que non fose escavar ninguén, poñían esas lendas”.

[Informacións de Dolores Teijeiro Díaz]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: