Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Tesouros en Caneda

En Caneda, freguesía do concello de Monforte de Lemos (Lugo) viviron os mouros e deixaron moitas riquezas como unha cadea de ouro que sae da Fonte Albar e vai parar ao monte Castro.

Dentro do monte do Castro está a igrexa dos mouros, que se supón chea de ouro.

Cando andaban cavando nunha viña na aba deste monte atoparon unha cousa brillante que tiña a forma dun prisma de 4 cm de alto por 3 cm de ancho. No medio tiña unha imaxe de ouro pero no mesmo día e no mesmo lugar que a atoparon perdeuse.

Debaixo da Pena Larga hai unha gran riqueza.

[Xesús Rodríguez: Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Respostas a un cuestionario, “Folk-lore da aldeia de Caneda, concello de Monforte de Lemos”. Nós. Boletín mensual da cultura galega, nº 73, páx. 12-15, 15 de xaneiro de 1930]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: