Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas das mámoas de Morá (O Saviñao)

Na necrópole do Monte da Morá (entre Lamacrebada e Vilar de Ortelle), O Saviñao (Lugo), recolleuse o seguinte folclore referido ás mámoas nº 1 e nº 4.

Da nº 1 dise que sobre dela había  unha grande peneda que partiu ao medio. Unha metade levárona para unha casa do lugar de Galegos e a outra metade ergueuse nun voo e foi pousar ao río Miño.

Tamén se conta que houbo alí moito tesouro que levaron os amos antigos da casa de Lamacrebada, e nunha peneda que deixaron revirada víase un letreiro que dicía “A cincuenta pasos más hay muchos millones más”.

Na mámoa nº 4 saía por veces unha moura que peiteaba os seus cabelos. Tamén que por alí andaran os mouros, que o informante vira dous sobre a mamoíña de Rebuxós. Ían vestidos cunhas baetas encarnadas que relumbraban como o cristal. Cando o informante quixo reparar mellor neles, desapareceron, e entón decatouse de que eran mouros e non homes coma nós.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: