Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os Demiños (Homenaxe a Antón Fraguas no Día das Letras Galegas 2019)

«Conseguir os Demiños é moi difícil. Os Demiños son seres protectores que se gardan como se pode gardar un verme de luz, a eiruga dunha bolboreta, un grilo; sempre un ser de pequeno tamaño que se mete nunha caixa e se ten na casa ou se leva a determinados lugares. Para conseguilos hai necesidade de acudir a determinados lugares a media noite, a un despoboado onde “non se oia cantar galo nin galiña” e levar certos obxectos e o sangue dunha galiña negra. O poder que dan é tal que dun que aseguraban que os tiña contaban que dicía: “Fastidievos de vivo e inda vos hei de amolar de morto”. Como verdade da súa afirmación aseguráronnos que, en efecto, ao morrer déronlle sepultura nunha tumba que estaba cerca do camiño e despedía tan mal olor que houbo necesidade de cambialo dúas veces de sepultura; razón de máis para crer que tiña os famosos Demiños».

A. Fraguas (2003): La Galicia Insólita. Tradiciones Gallegas. Caderno do Seminario de Sargadelos 51, 9ª edición, O Castro, Sada.

+ Biografía de Antón Fraguas


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: