Seres míticos
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A serpe do Pozo do Piago
O Pozo do Piago está no río Miño, parroquia de Robra e concello de Outeiro de Rei (Lugo). Entre os penedos, no río, hai un pozo negro e profundo, quizais sen fondo, e nel botaron unha serpe os veciños de Martul, unha cobra xigante que lles acababa con todo canto tiñan.
E foi que a serpe, que tiña o niño no curuto das Penas do Castro non había maneira de pillala. Entón idearon o seguinte. Prepararon un carro cos fungueiros moi afiados tirado por dous bois. Cando a serpe os viu botouse a eles para comelos e papou bois e carro. Morreu de contado cos fungueiros atravesados..
Despois levárona ao Piago e seica por onde pasaba ía derramando o veleno, e en moito tempo, onde pousou o veleno, non naceu nada de nada.
BIBLIOGRAFÍA