Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Os trasnos do río Eume

Antes de que se construíran as pontes sobre o río Eume para cruzar había que botar man dunha barca de remos. Mais cando había pouca choiva e o Eume ía baixo tamén era posible vadealo pola vila, saltando de pedra en pedra, das que alí foran colocadas para isto. Así sobre a corrente pasaban os arrieiros coas súas bestas cargadas, tendo moito tino de non escorregar nas pedras húmidas que esvaraban.

Contan que ás veces os trasnos asexaban á beira do río para tentar impedir o bo paso dos viaxeiros, alí empregaban as súas mañas para facer que os camiñantes perdesen o equilibrio ao cruzar a corrente e foran parar á auga. Cando por fin conseguían que a persoa caera na auga o trasno botábase a el e ameazábao con afogalo se este, en troques, non lle vendía a súa alma. 

Lugar da lenda: Porto dos Bois, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

[Achega de Xosé María Ferro Formoso, As Pontes (A Coruña). Marzo de 2018]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: