Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As cóbregas do Deveso

As augas que corren polos regatos a carón do Monte Caxado están ateigados de cóbregas. Contan que no Deveso un home tiña unha vaca moi boa que lle criaba o xato e daba leite abondo para toda a familia. Mais o dono decatouse que o leite minguaba cada día un pouco e para saber que acontecía foi a media noite á corte e daquela viu que unha cóbrega entraba e ía canda a vaca, e enleándoselle nunha das patas traseiras do animal achegaba a súa boca aos tetos para zugarlle o leite. A vaca debía crer que o dono estaba a muxila e sen decatarse do engano compartía coa cóbrega o leite. 

Tamén se conta que no mesmo lugar unha muller cansa de traballar durmía unha noite mentres estaba a aleitar ao seu meniño. Unha cóbrega entrou na casa durante aquel sono da nai, e disque a viron mamar do peito da muller mentres para que o neno non chorara lle metía a cola entre os beizos ao tempo que o neno chuchaba dela. 

Lugar da lenda: O Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

[Achega de Xosé María Ferro Formoso, As Pontes (A Coruña). Marzo de 2018]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: