Seres míticos
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Ciriguilloto do Demo
Os penedos do Ciriguilloto do Demo están en Bolmente, concello de Sober (Lugo). Teñen a orixe na promesa que lle fixo unha muller ao demo cando lle dixo:
-Se esta noite me fas unha ponte para pasar ao outro lado do río, douche o meu fillo.
E o demo púxose á construcción da ponte pero cando saíu o sol só tiña rematado un pear, o que agora chaman por alí Ciriguilloto.
Aínda hai máis. O demo caeu do pear e foi bater nunha laxe onde aínga agora se ven as pegadas da súa cabeza, dos cóbados e dos xeonllos.
BIBLIOGRAFÍA