Seres míticos
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Un fantasma na ermida dos Remedios de Mondoñedo
O 4 de decembro de 1903 o xornal El Correo de Galicia publicaba unha nota na que daba conta da visión dun fantasma polos arredores da ermida da Nosa Señora dos Remedios, Mondoñedo (Lugo). A visión repetiuse varias noites e as testemuñas descríben o fantasma como un home “de colosal estatura, cubierto con una especia de túnica negra y que aparece y desaparece lanzando ayes lastimeros que llenan de pavor a los veciños de aquellos contornos”.
A garda civil fixo indagacións e inspeccionou os lugares onde se deixou ver pero sen resultado.