Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Castro Vila das Cárcavas, de Lindín

Segundo é tradición, o castro Vila das Carcávas (foxo, trincheira), na parroquia de Lindín, concello de Mondoñedo (Lugo) fixérono os celtas e habitárono os mouros. Segundo José Villa-amil y Castro[1] a cruz procesional  existente na igrexa parroquial de Lindín pagouse co importe da venda duns pedazos de ouro atopados  neste castro por un ascendente dos Leiras. O mesmo investigador no tomo VII da mesma publicación di que lle dixeron que a croa deste castro tiña unha murallla tan ancha arredor que podían ir por ela tres carros á vez, e que por fóra da muralla houbo vivendas, igrexa e ata castelo. Tamén se di que no sochán hai unha grade e unha gabita (pau para enganchar o xugo coa grade) de ouro. E tamén hai un xogo do bolos de ouro[2].

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: