Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Teresa da Creería, a panadeira dos mouros

Na Pena Rubia, en Vilisome, San Estevo de Anllo, Sober (Lugo) vivían os mouros.
O pan facíallelo unha muller de Bordelle chamada Teresa da Creería e cóntase que unha vez, mentres ela amañaba para cocer, os mouros foron buscar leña para o forno e quedou soa na casa.
Os mouros deixaron unha ola no lume e rogáranlle á panadeira que non mirase o que había dentro. Pero ela mirou e viu que dentro da pota había unha caveira cos pelos requichados.
A panadeira colleu medo e botou a correr pola ribeira arriba cara á súa casa. Daquela regresaban os mouros coa leña e ao vela correr berrábanlle:
-¡Teresa da Creería, vulva polo crecente e pola pineira!
E ela contestáballes:
-¡Non volverei eu non, anque de ouro se volvera!

[Ilustración de Noemí López]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: