Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

Muller fiando

»Era a costureira de aquí da casa e tivo cosendo á tarde aquí. E á noite había que ir levala que era da Xesta, [en Galgao, Abadín (Lugo)], a costureira era da Xesta. E conque había aí un que lle chamaban o Celso, que era moi amigo de aquí, da casa, e taba aquí. E a costureira, claro, baixou e comeu algo, e dixo:
—E agora hai que me ir levar.
E dixo o [Celso]:
—Pois voute levar eu. De camiño que vou arriba, achégote eu alí á carretera.
E efectivamente. Eu dixen:
—Pois xa que me vas tu levala, entonces afórrasme a min o viaxe.
E foina levar el. E levouna hasta diante a porta de Xan Neto, que despois ta a casa dela, a continuación, e alí ben ousa.
El el cando deu volta, na misma partida do camiño que viña da carretera de acó, taba unha muller fiando nunha roca, fiando la nunha roca. Conque:
—Ai, muller —O Celso, claro, veu aquela muller fiando e dixo—. Ai, muller, ¿e tu que fas aquí, fiando destas horas?
Dixo:
—Vaite caladiño, vaite caladiño,vaite caladiño e vaite caladiño.
O outro non falou máis nada. ¿Quen era? Unha muller da Xesta, que lle chaman a Milia de Amorós, e estaba fiando no camiño, na beira do camiño, fiando nunha roca».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: